A categoría Infantil do Moraña C.F. xogou un auténtico partidazo onte no Buelo, loitando ante o mal tempo, un gran rival e indo de menos a máis. Os nosos saíron mal, totalmente fóra do partido, feito que aproveitaron os visitantes para tomar terra de por medio. No minuto 9, Santiago aproveita un rexeite de Rubén nun córner para batir a Iván. O segundo veu nunha contra levada polos de Mosteiro, que en primeira instancia Iván rexeita no man a man, pero Juan aproveita para marcar. No minuto 22 caía o terceiro, nun gran disparo de Xabier que pilla desprevenido a Iván.

Con este 0 a 3 se chegou ao descanso, moito traballo por diante e toda a segunda parte para tentar sacar o partido. E eso fixeron os nosos, tirando de casta e xogando uns segundos 40 minutos incribles, maniatando ao rival, presionando moi arriba e merecendo, cando menos o empate que non chegou.

No segundo minuto da reanudación, Pereira comezaba coa remontada, facendo un gran gol nunha boa xogada colectiva. As ocasións ían sucedéndose, pero non se lograban concretar en goles. Dani daba máis esperanzas aos nosos facendo o 2-3 no minuto 67. O acoso continuou neste último tramo, no que o Mosteiro se defendía como podía, perdía tempo e lograba que os nosos non lograran o empate. Tívoo Raúl nun gran remate que rexeitou o porteiro, e Dani na última xogada do partido no que o balón se queda xusto enriba da liña de gol.

Unha auténtica mágoa que o traballo non tivera froito en puntos, pero gran reacción dos infantiles, que deron a cara e xogaron ante un gran rival. Noraboa por parte do Clube por este traballo, a seguir nesta liña.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 2 – 3 C.D. Mosteiro

Moraña C.F.: Iván, Isma, Isaac, Sende, Rubén, Pereira, Edu, David, Raúl, Pedro (Dani, minuto 26) e Cela (Pablo Fraga minuto 45).

C.D. Mosteiro: David, Manuel, Brais, Santiago, Pablo, Sergio, Óscar, Juan, Xabier, Jonathan, Pedro, Daniel, Miguel e Lucas.

Goles: 0-1 Pablo (minuto 9); 0-2 Juan (minuto 16); 0-3 Xabier (minuto 24); 1-3 Pereira (minuto 43); 2-3 Dani (minuto 67).

Compárteo!

Deixa un Comentario