Partido de poder a poder o xogado na mañán de onte no Buelo, no que o noso equipo infantil non foi quen de sacar os puntos. Os de Albertito, que reforzaron ao equipo con 3 xogadores Alevíns, sairon coa intención de xogar en campo contrario e sendo protagonistas do partido e tendo o balón.
Adiantouse pronto o Moraña, grazas a un gol de Dani de penalty no minuto 11. Pero xa antes do descanso, os visitantes lle deron a volta ao encontro, cun doblete de Hugo Bea, nos minutos 16 e 40.

Tralo paso polos vestiarios, e coa intención de sacar o partido adiante, deron os infantiles un paso adiante. Pero Isaac, no 48 poñía terra de por medio co 1 a 3, que foi un mazazo para os nosos. Logrou acortar no minuto 70 Álex, pero no último tramo os pontevedreses aguantaron ben, e levaron os puntos.

Bo traballo do equipo que non foi suficiente para puntuar. A seguir traballando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 2 – 3 A.J. Lérez «B»

Moraña C.F.: Jorge, Isma, Cristian, Rubén (Iván, min. 68), Pablo Fraga, Pereira, Edu, David, Raúl (Alex, min. 55), Dani e Anxo (Yoel, min. 40).
A.J. Lérez «B»: Luis, Hugo, Antonio, Carlos, Isaac (Daniel, min. 63), Carlos, Hugo Bea (Diego Pérez, min. 49), Alejandro, Aitor (Anxo, min. 55), Pablo (Carabelos, min. 48) e Estévez (Jose, min. 40).
Goles:1-0 Dani, penalty (min. 11); 1-1 Hugo Bea (min. 16); 1-2 Hugo Bea (min. 40); 1-3 Isaac (min. 48); 2-3 Alex (min. 70)

Compárteo!

Deixa un Comentario