Partidazo o vivido na mañán de onte no Buelo, nun derbi de Infantiles entre o Moraña C.F. e o Caldas C.F. dous equipos que están a facer unha moi boa liga. Os pupilos de Alberto, conscientes da importancia deste último tramo da primeira volta, chegaban ao encontro cargados de confianza e con varios reforzos da plantilla alevín.

O partido foi intensísimo, con opcións para ambos equipos e marcado pola igualdade. Só as individualidades puideron marcar as diferenzas entre ambos equipos, sendo o empate un resultado xusto despois do visto no campo.

Tras un primeiro tramo de partido sen dominador claro e con varias idas e voltas, adiantábase o Caldas, perigosísimo no balón parado ao rematar Cascallar de cabeza un preciso lanzamento de córner no minuto 24. Este gol foi un pequeno mazazo para os morañeses, que viviron un asedio caldense nos seguintes minutos, pero do que se sobrepuxeron para empatar cunha gran xogada de David xusto antes do descanso aproveitando un mal rexeite na frontal e marcando un golazo.

Trala reanudación, os nosos sacudíronse o dominio visitante dalgún tramo da primeira metade e xogaron uns primeiros minutos de gran nivel, co seu característico tiki-taka. Pero este dominio sen froito fixo que liña defensiva baixara un punto a intensidade, e nun balón á espalda da defensa, Otero encaraba a Iván e facía o 1 a 2. Lonxe de rendirse, o Moraña tirou de casta, e tras moito remar e traballar, Amestoy logrou no minuto 77 aproveitar un preciso pase de David na área para batir e facer o definitivo empate a 2.

En resumen, moi bo partido de ambos equipos, que fixeron as delicias dos asistentes. Igualdade máxima e moitos detalles de bo fútbol. A seguir pelexando e moito ánimo.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 2 – 2 Caldas C.F.

Moraña C.F.: Iván, Isma, Sende, Cristian, Rubén (Alejandro, minuto 55), Pereira, David, Raúl (Amestoy, minuto 60), Dani (Pedriño, minuto 66), Cela (Jorge, minuto 41), Dani Fontán (Anxo, minuto 41).

Caldas C.F.: Jorge, Álvaro, Magariños, Alejandro, Jose, Carlos, Otero, Carlos, Raúl, Dani M., Dani I., Alejandro.

Goles: 0-1 Cascallar (minuto 24); 1-1 David (minuto 39); 1-2 Otero (minuto 47); 2-2 Amestoy (minuto 76)

Compárteo!

Deixa un Comentario