Os Infantiles volven á senda da victoria ao vencer na mañan do domingo ao Unión Dena «B», nun partido igualado e no que tocou sufrir nos últimos minutos.

Os de Albertito chegaban ao encontro tralo varapalo da pasada semana, cando se lles escaparon os puntos nos últimos 3 minutos, con moitas ganas de sumar. E iso xa se veu dende os primeiros minutos.bd742c85-9e80-4cd7-9107-5034a1817529

Edu adiantou cedo ao Moraña, no minuto 11, finalizando en gol unha boa asistencia de Dani dende a media luna da área rival. A pesares de gozar de máis ocasións, non se movería o marcador no que quedaba de primeira parte.

Na segunda parte, facía o gol da tranquilidade Pablo Fraga, tamén con asistencia de Dani, esta vez no lanzamento dun córner. Era o minuto 62 e parecía que o último tramo de encontro ía a ser sinxelo. Pero no 71, Anxo recortaba para o Dena, e os fantasmas de partidos anteriores sobrevoaron O Buelo. Malia a todo, os Infantiles aguantaron ben neste último tramo e os puntos quedaron en Moraña.

Noraboa aos infantiles, bo traballo e a seguir nesta liña. Próxima semana, viaxan a Marín, para xogar ante o Santomé. Moito ánimo!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 2 – 1 Unión Dena «B»

Moraña C.F.: Jorge, Isaac (Yoel, minuto 35), Isma, Sende, Redondo, Pereira, Rubén, Edu, David (Iván, minuto 65), Dani (Pedriño, minuto 70) e Raúl (Pablo Fraga, minuto 38).

Unión Dena «B»: Gabriel (Eduardo, minuto 73), Óscar, Anxo, Borja, David, Rodrigo, Eloy (Pablo, minuto 63), Víctor, Gabriel T. (Diego, minuto 63), Brais.

Goles: 1-0 Edu (minuto 11); 2-0 Pablo Fraga (minuto 62); 2-1 Anxo (minuto 71).

Compárteo!

Deixa un Comentario