Os Infantiles do Moraña recibiron na mañán do sábado ao Salgueiriños «B», dentro da 24ª Xornada de Liga.
Os pupilos de Alberto, con varios reforzos do equipo Alevín, fixeron un encontro moi completo, moi disputado en todo momento e que finalmente, lograron sacar adiante.
Os nosos adiantáronse cedo, grazas a un gol de Raúl tras unha gran asistencia de David, poñendo este 1-0 no minuto 4. Este gol facía pensar que se encarrilaba o encontro, pero os nosos non daban feito o segundo gol, que daría a tranquilidade. Coa victoria pola mínima se chegou ao descanso.
Tralo paso polos vestiarios o encontro seguía no filo, e fixo Vieira a igualada no 51 transformando un penalty. A reacción dos morañeses non se fixo esperar, e Pereira aproveitou un medido saque de córner de Dani para facer o 2 a 1.

Aguantaron os nosos a vantaxe neste último tramo, e lograron 3 imporantes puntos que os achegan precisamente a este Salgueiriños «B» que os precede na Clasificación. Ánimo e a seguir pelexando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 2 – 1 Salgueiriños «B»

Moraña C.F.:Iván, Isma, Isaac (Amestoy, min. 60), Cristian, Rubén (Anxo, min. 54), David, Edu, Pereira, Raúl (Pedro, min. 69), Cela (Jorge, min. 44) e Dani.
Salgueiriños «B»:César, Sergio (Miguel, min.69), Diego, Guillermo, Gómez, Miguel (Diego min. 67), Alberto (Martín min. 49), Mateo, Vieira, Óscar, Isaac (Gabriel, min. 54).
Goles: 1-0 Raúl (min. 4); 1-1 Vieira (penalty, min. 51); 2-1 Pereira, (min. 55)

Compárteo!

Deixa un Comentario