Os infantiles viaxaron na mañán do sábado á Pontevedra, para enfrontarse ao colista no Príncipe Felipe na 23ª Xornada de Liga. Os xogadores de Alberto fixeron un bo partido con moitos goles e no que participaron e aportaron todos os xogadores.
O rival presentouse ao encontro con 11 xogadores, polo que o factor físico foi fundamental. Segundo os minutos ían pasando, o cansancio facía que as diferenzas foxen maiores. Os nosos encarrilaron o encontro rápido, marcando Raúl tras unha asistencia de David no minuto 5 e Dani xirando na área tras un gran centro de Edu no minuto 10. No 13, Javier acurtou diferenzas para os locais, e a victoria pola mínima durou ata o 25, cando Pablo Fraga aproveita outra asistencia de Edu para batir por baixo a o porteiro no man a man. Antes do descanso, Dani fixo o cuarto, outra vez con pase de Edu, Sende o quinto cun disparo lonxano e Raúl o sexto, finalizando un pase da morte de Isma.
Con este 1 a 6 que se chegou ao descanso, o encontro estaba decidido, polo que nos segundos 40 minutos, os nosos basearon o xogo na posesión, movendo o balón de lado a lado. Lograron os nosos 8 goles máis nesta segunda parte, na que se lesionou un xogador do equipo rival que tivo que rematar o encontro con 10 xogadores. Neste segundo acto marcaron Edu, Pablo Fraga, Dani, Cela, Iván e estreáronse como goleadores esta tempada Isaac e Pedriño. Con este feito, todos os xogadores infantiles do Moraña C.F. marcaron alomenos un gol esta tempada, un detalle que fala da cohesión e bo traballo desta plantilla.

Doceava victoria dos nosos na Liga, que lles serve para asentarse na sétima posición e que lles sirve para tentar subir o máximo na clasificación. Moito ánimo e a seguir traballando!

FICHA TÉCNICA

I.Dep.Pontevedra 1 – 14 Moraña C.F.

I.Dep. Pontevedra:Carlos, Sebastián, Andrés, M.Ángel, Christian, Diego, Lucas, Maicol, Jonatan, Santiago, Javier.
Moraña C.F.:Jorge, Isma, Isaac (Pedro, min. 56), Sende, Rubén, Pablo Fraga (Iván, min. 56), Pereira, David, Edu, Raúl (Cela, min. 56) e Dani.
Goles: 0-1 Raúl (min.5); 0-2 Dani (min. 10); 1-2 Javier (min. 13); 1-3 P. Fraga (min. 25); 1-4 Dani (min. 32); 1-5 Sende (min. 35); 1-6 Raúl (min. 39); 1-7 Edu (min. 53); 1-8 P. Fraga (min. 54); 1-9 Dani (min. 56); 1-10 Pedro (min. 57); 1-11 Cela (min. 63); 1-12 Iván (min. 65); 1-13 Iván (min. 70); 1-14 Isaac (min. 77)

Compárteo!

Comentarios Pechados.