• Volvemos á victoria tralo empate da semana pasada.

  • Dous hattricks de David Dios e Seydou dan os tres puntos.

Tralo empate ante o Zacande da semana pasada, os nosos visitaban ao colista no Monte da Vila, nun partido no que había que vencer sí ou sí para seguir pelexando o liderado da categoría. Os nosos saíron moi enchufados e froito deste arranque, dous goles de David Dios poñían ao Moraña en vantaxe 0-2 no primeiro tramo. Recortou David Pazo no minuto 19, pero Seydou só un minuto despois seguía mantendo a vantaxe de dous goles para o Moraña.

O partido seguía totalmente tolo, sendo de ida e volta, e Tomás no 23 apretaba as cousas co 2-3. De novo Seydou marcaba para poñer o 2-4. pero antes do descanso Gabriel deixaba o encontro aberto, facendo o 3-4 no 31.

Na segunda metade  os nosos conseguiron pechar a cancela e defender máis ferreamente. O Grove non foi quen de volver batir a Manu e David Dios no 66 e Seydou no 70 certificaban a victoria por 3-6  e os tres puntos viaxaban para Moraña.

Na vindeira xornada, recibimos no Buelo á A Lama S.D. . A prepararse con forza!!

FICHA TÉCNICA

U.S.D. O Grove: Diego, Juan, Nico, Manu, Samu, DAvid, Gabri, Hugo, Tomás, Niko e David. Tamén xogaron Fran, Dani, Alesandro, Otero e Cristian.

Moraña C.F.: Manu, Iván Vidal, Fernando Andrés, Alberto, Seydou, David Dios, Ferro, Álex, Luciano e Iván Goldar. Tamén xogaron Caba, Pablo Grande, David Grande, Pablo Cancela e Anwaka.

Goles: 0-1 David Dios (min. 3); 0-2 David Dios (min. 16); 1-2 David (min. 19); 1-3 Seydou (min. 20); 2-3 Tomás (min. 23); 2-4 Seydou (min. 27); 3-4 Gabri; 3-5 David Dios (min. 66); 3-6 Seydou (min. 70).

Árbitro:  D. Marcos Campo, auxiliado por Luis Miguel Santiago e Manuel Santiago. Amonestoy a Juan polo Grove  e a Alexandre polo Moraña C.F.

Compárteo!

Deixa un Comentario