• Terceira Xornada da Fase e seguimos sumando.

  • Os goles chegaron na segunda metade.

Xa chegamos á terceira xornada desta Fase de Ascenso co segundo encontro fóra da casa. Desta volta visitabamos ao Goián C.F. outro equipo clasificado da zona de Vigo e que chegaba como segundo clasificado.

O partido estivo marcado pola igualdade e pola intensidade, sen que ningún dos dous conxuntos conseguira ter un claro dominio. Chegamos con 0-0 ao descanso.

No minuto 15 da segunda metade Mateo abría a lata para o Moraña, aproveitando un pase da morte para fusilar a Miguel e poñer o 0-1 no marcador. Pero o Goián non baixou os brazos, e só cinco minutos despois facía a igualada por medio do seu goleador, Gabriel. Co empate «comezaba» de novo o encontro, pero xa non se viron máis goles, e o 1-1 foi o resultado final.

Sete puntos sumados de nove posibles nesta fase, o que nos permite mantenernos como primeiros e en postos de ascenso, pero cunha clasificación cada vez máis apretada e con opcións para todos.

Aquí vos deixamos o resto de resultados que se deron no grupo:

Próximo domingo a cuarta xornada, recibindo ao Racing Castrlos F.C. no Buelo. Vamos!!

FICHA TÉCNICA

Goián C.F.: Miguel, Adrián G., Adrián F., Víctor, Fernan, Da Silva, Alexandre, Miguel, Martínez, Aarón e Gabriel. Tamén xogaron Pena, Óscar, Noel Christian e Collazo.

Moraña C.F.: Manu, Iván Vidal, Fernando, Pablo Grande, Dyego, Mateo, Seydou, David Dios, Feero, Joaquín e Luciano. Tamén xogaron Caba, Abel, Álex, Anwaka e Chima.

Goles: 0-1 Mateo (min. 60); 1-1 Gabriel (min. 65).

Árbitro:  D. Iván Miño Rojas, auxiliado por D. Santiago Lobón e D. Jorge Escribano. Amonestou a Noel, Álex, V´citor, Miguel e Fernan polo Goián e a Fernando polo Moraña.

Compárteo!

Deixa un Comentario