O primeiro equipo do Moraña C.F. voltaba na tarde de onte á Segunda Autonómica, debutando en Chan do Vilar ante o Figueirido C.F. O equipo dirixido por Chino chegou a este encontro tralo bo traballo de Pretempada e con bastantes caras novas no equipo titular.
O encontr estivo moi igualado, de feito non se moveu o marcador nos primeiros 45 minutos, e tívose que esperar ata o minuto 54 para que Jacobo abrira a conta para os pontevedreses.
Reaccionou o Moraña só 6 minutos despois, logrando Breo o empate. Pero no 65, Óscar certificaba a victoria local.
Primeiro paso nesta nova tempada e nova liga. A seguir traballando para sumar os primeiros puntos, moito ánimo aos nosos Senior!
FICHA TÉCNICA
FIGUEIRIDO C.F.: Iván, Jose (Borja, min. 46), Abel, Alexandre, Borja (Jaime, min. 11), Julio, Óscar, Daniel (Jacobo, min. 34), Jose E., Ferrer e Noel (Alberto, min. 25).
MORAÑA C.F.: Caba, Julián, Gepe, Xoel, Rober, David, Celso, Miguel Zas, Breo (Miguel min. 75), Damián e Manu.
GOLES: 1-0 Jacobo (min. 54); 1-1 Breo (min. 60); 2-1 Óscar (min. 65)