• Victoria importante para seguir na loita polo ascenso directo.

Tramo final da Tempada, con só catro partidos para rematar a Liga Regular. Na tarde de hoxe, o noso Primeiro Equipo viaxou a Chan do Vilar, para medirse ao Figueirido C.F. último clasificado e xa descendido. Típico partido trampa, no que o Moraña non saleu entonado, sen trenzar bo fútbol, sen pelexar os balóns divididos e xerando pouco perigo.

A primeira acción de perigo, foi un disparo de Celso dende fóra da área que o porteiro local desvía ao poste, e cuio rexeite Jesús non consegue aproveitar ao despexalo un defensa. O Figueirido xeraba perigo en cada acción na que atopaban a Jose, que foi un pesadelo para a nosa defensa. Tivo Chima outra clara ocasión nun remate de cabeza que se marcou fóra, pero ao descanso chegouse co 0-0.

Na reanudación o encontro seguiu na mesma liña, pero cun Moraña máis metido no partido e na que aumentou un chisco a presión e o ritmo. Así xa comezaron as ocasións dende o primeiro momento, incluso cun gol anulado por fóra de xogo de Santi tras aproveitar un rexeite.

O primeiro gol chegou no 55, tras un lanzamento de córner que tras pasearse pola área é introducido por Sergio  en propia meta. 0-1 e por fin, lata aberta. Os nosos tentaron pechar o encontro rápido buscando o segundo, pero o Figueirido non baixou os brazos e tamén buscaba a igualada, o que deixaba os puntos no aire.

Parecía que o encontro comezaba a decantarse para o noso lado, pero nunha xogada illada, un balón largo á espalda da defensa acaba nunha falta por xogo perigoso. No lanzamento dese libre indirecto, Jose por enriba da barreira poñía o 1-1. Era o minuto 76, e a cousa estaba difícil. Pero os nosos non se rendiron. No 86, un saque de banda rápido de Chima cara a nosa nova fichaxe, Oli que pon un pase atrás que Pablo remata sen éxito. O rexeite queda solto, e Santi chegando dende atrás fai o 1-2 que foi definitivo e que da 3 puntos de ouro para auparse aos 60  e colocarse terceiros na táboa, a un só punto do C.D. Arcade.

Próxima semana, encontro moi importante en Mirallos, recibindo ao San Adrián. A prepararse ben e a dalo todo!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Anxo, Lucas, Velay, Salva, Rober, Celso, Ferro, Pablo, Santi, Chima e Jesús. Tamén xogaron Caba, Julián, Xoel, Broja e olvier.

Figueirido C.F.: Adrián, Alberto, Manuel, Miguel, Sergio, Julio, Jose, Miguel, Fernando, Jose e Ferrer. Tamén xogaron Iván, Francisco, Abel, Noel e Ángel.

Goles: 0-1 Sergio p.p. (min. 55); 1-1 Jose (min. 76); 1-2 Santi (min. 86).

Compárteo!

Deixa un Comentario