Os nosos Benxamíns viaxaron este domingo á Marín, para enfrontarse en San Pedro á Escola de Fútbol Vila de Marín. Unha vez máis, a maior experiencia e profundidade de plantilla do rival marcou a diferencia, e fixo que os nosos foran ao descando xa perdendo por 8-0. Ao final do encontro, o resultado foi de 11-1, marcando o gol morañés, Anxo.

Como xa apuntamos en anteriores crónicas, nada que reprocharlles aos rapaces, que deben ir paseniñamente medrando como xogadores e tomando cada partido como un paso máis na súa evolución futbolística. O reto é duro, pero deben seguir camiñando con paso firme e co ánimo intacto.

Moito ánimo e a seguir pelexando!

Compárteo!

Deixa un Comentario