Partido difícil o que tiñan que disputar na mañán de onte os nosos Infantiles en San Adrián de Cobres, ante a Escola de Fútbol Cobres na doceava xornada de Liga. Os pupilos de Alberto viaxaban a este encontro coa intención de seguir sumando de tres en tres puntos como viñan facendo, pero non puideron ante un bo equipo.

O encontro rompeuse moi pronto, xa que os locais se adiantaron por medio de Rubén no minuto 7. Xa dende ese minuto, aos nosos lles tocou remar a contracorrente, indo sempre a remolque no marcador. Pablo Fraga logrou a igualdade coa que se chegou ao descanso cun bo gol á media hora de xogo, e con ese 1 a 1 fóronse os dous equipos aos vestiarios.

No comezo da segunda parte repetiuse a historia, adiantándose os locais por medio de Yago no 45 ao que contestou o Moraña coa transformación dun penalti por medio de Dani. Volvía a comezar o encontro con este empate, pero no tramo final o Cobres mostrouse moito máis efectivo e con dous goles de Anxo (minuto 59) e Rubén (minuto 65) pechaban o encontro co 4 a 2 final.

Bo traballo dos nosos, que pagaron o desplazamento e o «madrugón» para ter que ir a xogar este partido. Ánimo e a seguir traballando, porque a tempada desta categoría está sendo realmente boa.

20151220103602Destacamos que tralo partido, os integrantes do plantel celebraron no local do Clube o cumpleanos de Pedriño, e pola tarde achegáronse ao Buelo para ver en primeira persona a victoria dos Veteranos ante o Xocas, facendo piña para o que lle resta de liga en 2016.

FICHA TÉCNICA

E.F. Cobres 4 – 2 Moraña C.F.

E.F. Cobres: Xairo (Omar, minuto 50), Adrián, Álvaro, Pablo, Borja (Alexandre, minuto 41), Anxo, Yago (Pablo, minuto 41), Rubén (David, minuto 77), Ángel (Diego, minuto 57), Iván, Corredoira.

Moraña C.F.: Jorge, Isaac (Israel, minuto 5), Pablo Sende, Cristian, Rubén (Iván, minuto 67), Pablo Fraga, Pereira, Edu, David, Pablo Cela (Raúl, minuto 51), Pedriño (Dani, minuto 26).

Goles: 1-0 Rubén (minuto 7); 1-1 Pablo Fraga (minuto 30); 2-1 Yago (minuto 45); 2-2 Dani (minuto 49); 3-2 Anxo, (minuto 59); 4-2 Rubén (minuto 65)

Compárteo!

Deixa un Comentario