A sección Cadete do Moraña C.F. visitaba hoxe o campo do Terrón, para enfrontarse á E.F.B. Vilanova na sexta xornada de Liga. Os pupilos de Celso Diz, que venceran e convenceran a semana pasada, enfrontábanse a un duro rival e a un partido a priori moi difícil.

Saliron os nosos un pouco adurmilados, pero mantendo o tipo. A chave do partido estivo no ecuador da primeira parte, cando en só 10 minutos, o Vilanova se puxo con 3 a 0 en ocasións nas que o equipo puido facer bastante máis. Joel aproveitou dous erros defensivos nos minutos 24 e 26 para facer os primeiros, e Roi fixo o 3-0 cun gran disparo dende fóra da área. Chegouse con este resultado ao descanso.

Na segunda parte, o equipo tentou mostrar unha imaxe máis competitiva, dando un paso adiante para, polo menos desputar o que quedaba de encontro e tentar acurtar distancias no marcador. A verdade é que a imaxe nesta segunda parte foi moito mellor, e Rober alimentou as esperanzas morañesas ao marcar no minuto 3 da reanudación. Pero foi un espellismo, xa que só 2 minutos despois, Raúl facía o 4-1.

O último tramo do partido foi de dominio visitante case por completo, xogando sempre en campo rival pero sin acerto nos últimos metros. Joel redondeou o seu hattrick no minuto 65, en claro fóra de xogo para pechar o marcador.

En definitiva, mala primeira parte e reacción na segunda, ante un equipo que demostrou máis no día de hoxe. Só nos queda levantarnos e seguir traballar para mellorar e seguir sumando. Ánimo rapaces!!

FICHA TÉCNICA

E.F.B. Vilanova 5 – 1 Moraña C.F.

Moraña C.F.: Saúl (minuto 40, Manu C.), Rober, Iván, Andrés (minuto 66, David), Martín (minuto 61, Pablo G.), Adrián, Raúl, Héctor (minuto 50, Ismael), Marquitos, Carlos, Pablo A. (minuto 44, Manuel S.)

E.F.B. Vilanova: Jose (minuto 67, Roberto), Gabriel (minuto 51, Roberto), Adrián, Iker (minuto 61, Alberto), Rubén, Adrián, Raúl (minuto 61, Xoan), Carla, Roi (minuto 51, Miguel), Joel, Raúl.

Goles: 1-0 Joel, minuto 24; 2-0 Joel, minuto 26; 3-0 Roi, minuto 34; 3-1 Roberto, minuto 43; 4-1 Raúl, minuto 45; 5-1 Joel, minuto 65.

Compárteo!

Deixa un Comentario