Os Xuveniles do Moraña viaxaban a Vilanova para enfrontarse ante o equipo local esta tarde de sábado, na  xornada 11. Os de Javi Gañán, entre lesións e compromisos de xogadores con outras actividades só contaron con 13 xogadores (incluíndo ao cadete Roberto) para completar a convocatoria. Malia a todo, desputaron un bo partido.

O encontro foi de ida e volta, tomando vantaxe o Vilanova e chegando con victoria pola mínima ao descanso de 2 a 1. Na reanudación, tras poñer terra de por medio David, os morañeses lograron empatar o encontro grazas aos goles de Gago e Lobo. Pero Pablo, no minuto 57 estableceu o definitivo 4 a 3 co que se chegou ao final do encontro.

Unha mágoa non poder haber refrendado a remontada unha vez que se fixera o máis difícil empatando o encontro superando unha diferencia de dous goles, pero o traballo do equipo foi bo. A seguir pelexando e ánimo!

FICHA TÉCNICA

E.F.B. Vilanova 4 – 3 Moraña C.F.

E.F.B. Vilanova: Diego, Iván, Manuel (Jose M. minuto 87), Pablo, Alejandro, Javier, Brian (Jose M. minuto 47), Óscar (Juan S. minuto 61), Manuel (Adrián, minuto 75), Javier e Juan M. (David, minuto 57)

Moraña C.F.: Damián, Roberto, Jorge, Francisco, Diego (Leis, minuto 67), Brais, Joel, Ferro, Alejandro (Manuel, minuto 55), Gago, Lobo.

Goles: 1-0 Manuel (minuto 14); 1-1 Ferro minuto 45); 2-1 Manuel (minuto 45); 3-1 David (minuto 49);3-2 Gago (minuto 51); 3-3 Lobo (minuto 52); 4-3 Pablo (minuto 57).

Compárteo!

Deixa un Comentario