A sección de Xuveniles do Moraña C.F. viaxou na mañán de hoxe para enfrontarse na  12ª Xornada de Liga á E.D. Poio. Os nosos deron o máximo, pero sucumbiron ante os locais.

Adiantáronse os nosos cun gol de Diego no minuto 34, pero a desgracia quixo que antes do descanso Pedro marcase en propia meta. Con este 1 a 1 se chegou ao descanso.

No segundo acto o Poio foi superior, e grazas a dous goles de Miguel no 55 e no 75, lograban a victoria neste encontro.

Bo traballo da categoría xuvenil neste primeiro tramo de tempada, pero con marxe de mellora. Paso a paso os nosos foron medrando, pero aínda poden dar máis. A seguir traballando!!

FICHA TÉCNICA

E.D. Poio 3 – 1 Moraña C.F.

E.D. Poio: Manuel, Miguel, Francisco, Marcos, Victor (Daniel minuto 67), Óscar, Diego (David, minuto 58), Issam (Daniel, minuto 76), Aarón, Maikel (Jorge, minuto 46)

Moraña C.F.: Damián, Jorge, Francisco (Leis, minuto 77), Iago, Diego (Jorge, minuto 62), Brais (Pedro, minuto 77), Joel, Manuel (Rubén, minuto 71), Alejandro, Xian, Gago.

Goles: 0-1 Diego (minuto 34); 1-1 Jorge, p.p. (minuto 42); 2-1 Miguel (minuto 55); 3-1 Miguel (minuto 75)

Compárteo!

Deixa un Comentario