Os Biberóns do Moraña venceron na penúltima xornada da Liga de Poio nun partido intensísimo que lograron vencer por 1 a 3. Os nosos pelexaron durante os 28 minutos, pero o Poio xogou un gran encontro no que lle puxo as cousas moi difíciles aos nosos. Marcou Álex de falta na primeira parte, e con ese único gol se chegou ao descanso. Na segunda parte, fixeron o segundo que parecía o da tranquilidade, pero recortaron os locais. O definitivo 1 a 3 chegou nunha gran xogada por banda esquerda, no que Álex finalizou a gol.
Noraboa aos máis peques, que se van a xogar o título de Liga na última xornada. Esto é o de menos, porque o primordial é a evolución deste grupo e a adaptación dos xogadores novos durante toda esta tempada. Ánimo e a seguir!!

FICHA TÉCNICA

E.D. Poio 1 – 3 Moraña C.F.

Moraña C.F.: Anxo, Fer, Mauro, Álex, Antón, Yago, David e Hugo.
Goles: Álex (3)

Compárteo!

Comentarios Pechados.