Os Cadetes do Moraña viaxaron onte ao Berdón para enfrontarse á E.D. Arousa F7 na segunda xornada de Liga, nun encontro vibrante e que rematou con empate a un gol grazas ao tanto de Martín.

Os pupilos de Celsiño Diz pelexaron durante os 80 minutos para traer os tres puntos a Moraña, pero non foron quen de logralo.

O partido estivo cheo de opcións para os dous equipos. A primeira ocasión foi para a E.D., que estrelou un balón na madeira tras un saque de córner e barullo na área no minuto 13. Responderon os nosos con dúas boas internadas de Carlos, nos minutos 19 e 35, se ben a primeira foi solventada polo porteiro visitante desviando o seu disparo co pe, e a segunda, non atopa rematador o seu pase atrás.

O 0-1 chegou antes do descanso, no 38. gran xogada no borde da área, remate de Isma, rexeite do porteiro e Martín, cun gran zurdazo bate aos arousanos.

Parecía que este ía ser o resultado para o descanso, pero a E.D. Arousa, a base de empuxe e aproveitando que os nosos baixaron a concentración, lograron o empate a través do que máis lle fixo sufrir ao Moraña: o balón parado. Co tempo cumplido e rebasado, tras un saque de córner, o dorsal número 6 engancha unha fenomenal volea dende fóra da área que entra por toda a escadra. Gol dos chamados «sicolóxicos», xusto antes do descanso.

Este feito fixo que os morañeses saíran no segundo tempo un pouco baixos de moral, pero fóronse entonando co paso dos minutos. O equipo demostrou ganas de ir a polo partido e pelexaron todos os balóns. Este exceso de ganas e de «resolver rápido» quizáis xogou en contra, xa que as prisas non foron boas conselleiras e o partido trabouse.

Tivéronse que retirar polo Moraña C.F. Isma e Rober, con distintas molestias. Agardamos que sexan lesións de curto alcance e pronto estean dispoñibles.

De aquí o final, poucas ocasións: dúas para o Moraña nos pes de Martín e Marcos Fervenza e un in extremis para a E.D. Arousa, no saque dun córner na última xogada do partido que traía vellos fantasmas do acontecido na primeira parte.

Así se chegou ao final, con 1-1 e un gran esforzo por parte dos dous equipos. O esforzo dos nosos quizáis mereceu máis premio, pero con esta entrega e sacrificio, os bos resultados seguirán a chegar.

A seguir nesta liña de traballo e a dalo todo, rapaces.

FICHA TÉCNICA

E.D. Arousa F7 1 – 1 Moraña C.F.

E.D. Arousa F7: Daniel, Jose A., Javier, David, Francisco, Iker, Victor, Marcos, Pedro, Pablo. Tamén xogaron Rubén, Raúl, Jonathan e Fernando.

Moraña C.F.: Manu Carracedo, David, Roberto, Iván, Raúl, Marcos Vega, Manu Sayáns, Adrián, Carlos, Martín, Isma. Tamén xogaron Héctor, Álex Aboy, Pablo González, Fernando e Marcos Fervenza.

Gol: Martín

 

Compárteo!

Deixa un Comentario