Os Benxamíns viaxaron na tarde de onde a Deiro, para enfrontarse á E.D. Arousa na xornada 18ª de Liga. O equipo viaxou sen o seu adestrador, Eloy Pérez que perdeu á súa avoa o venres. Os seus pupilos, e a familia do Moraña C.F. acompaña a toda a familia no sentimento ante esta pérdida. Substituiu a Eloy, Celsiño Diz.

Os nosos pelexaron todo o que puideron dando a cara e sen baixar os brazos en ningún momento, pero novamente o curto da plantilla e a diferencia física (ata catro xogadores prebenxamíns reforzaron ao equipo) fixo que segundo ían pasando os minutos, ao rival se lle poñían as cousas máis doadas. Ao final dos 50 minutos, 12 a 0 foi o resultado do encontro.

Nada que reprocharlle a este equipo, que están a vivir un ano difícil en canto a resultados pero cheo de experiencias positivas e que de seguro lle vai servir de moito na súa aprendizaxe. A seguir pelexando e traballando. Moito ánimo!!

FICHA TÉCNICA

E.D. Arousa 12 – 0 Moraña C.F.

E.D. Arousa: Martiño, Iván, Martín, Rubén, Alejandro, Miguel, Rudesindo, Nicolás, Agustín, Asier, Hugo, Pabl, Yago e Raúl

Moraña C.F.: Brais, Saúl, Hugo, Lucas, Raúl, Anxo, Jorge, Iago, David, Xoel, Rubén.

Goles: 1-0 Pablo (minuto 2); 2-0 Yago (minuto 8); 3-0 Hugo (minuto 23); 4-0 Nicolás (minuto 24); 5-0 Asier (minuto 29); 6-0 Agustín (minuto 30); 7-0 Raúl (minuto 33); 8-0 Rudesindo (minuto 38); 9-0 Iván (minuto 41); 10-0 Hugo (minuto 46); 11-0 Rubén p.p. (minuto 49); 12-0 Alejandro (minuto 49)

Compárteo!

Deixa un Comentario