Na mañán de hoxe, os Biberóns xogaron dous encontros da Liga de Poio, un atrasado e o que lles correspondía no calendario.

Biberóns 2 – 4 Villa de Marín

Partido moi igualado con continuas chegadas a área dos 2 equipos, pero no que a maior efectividade do Villa de Marin foi o que marcou a diferencia. Comezamos perdendo pero tralos goles de Xoel e Manu marchamos o descanso por diante do marcador.
Tralo descanso o Marín doulle a volta ao marcador, cos nosos estuveron rondando o gol en varias ocasións pero non lograron concretar. Nos últimos intres do encontro nunha contra o Marín fixo definitivo 4-2.

Moraña C.F.: Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Erik, Dylan, Iñaki e Gabi

Goles: Xoel e Manu

Biberóns 3 – 1 Puentecaldelas

Gran partido dos pequenos que, sobre todo na primeira parte, dominaron o encontro. Marcou primeiro Manu nunha gran xogada e despois Xabi nunha contra. Co 2-0 chegamos ao descanso. Na segunda, o Puentecaldelas achegouse un pouco mais a meta e conseguiu marcar a falta de 5 minutos do remate, notandose o cansancio dos nosos. Faltando 1 minuto Xoel marca para a tranquilidade nun erro do meta.
Moi bos partidos e gran esforzo para poder xogar o partido da xornada e recuperar un dos atrasados.

Moraña C.F.: Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Erik, Dylan, Iñaki e Gabi

Goles: Manu, Xabi e Xoel.

Compárteo!

Deixa un Comentario