• Volvemos marcar cedo, pero o Dena remonta.

Segunda xornada de Liga nesta Primeira Autonómica e primeiro encontro que o Moraña C.F. afronta lonxe da casa. Esto domingo tocaba viaxar As Cachizas, ante un equipo, o Dena que comezou forte na primeira xornada.

O encontro comezou ben para os intereses dos nosos, adiantando Joaquín ao Moraña no minuto 11. A historia comezaba como no encontro anterior, pero neste caso o Dena reaccionou cedo, e só tres minutos dspois, Jesús poñía a igualada.

No minuto 30, malas noticias para o Moraña, coa lesión de Ferro ao que substituíu Chima. Os nosos perdían ao goleador da primeira xornada. E no 34 as malas noticias aumentaban, cando Jorge Lima batía a Isidro e poñía o 2-1 no marcador.

Tralo paso polos vestiarios o marcador seguía sen moverse. Fabio tentou cambiar a dinámica do encontro facendo entrar a Teijeira e a Leroy, pero a pesar de ter opcións, o 2-1 foi o resultado final tralos 90 minutos. Toca seguir pelexando!!

Próxima xornada, recibimos no Buelo ao Atlético Cuntis nun emocionante derbi!!

FICHA TÉCNICA

Unión Dena C.F.: Óscar, Jorge, Borja, Jesús, Álex, Brais, Filgueiras, David, Dani, Adri e Lamelas. Tamén xogaron Gabri, Miguel, Antón, Jesús e Mateo.

Moraña C.F.: Isidro, Iván Vidal, Andrés, Pablo Grande, Pablo Cancela, Seydou, David, Ferro, Joaquín, Álvaro e Iván Goldar. Tamén xogaron Teijeira, Manu, Bangue, Leandro e Chima.

Árbitro:  Hamza Aboufaris asistido por F. José Gómez e Iago Caeiro. Amonestou a Jesús e Mateo por parte do Unión Dena.

Goles: 0-1 Joaquín (min. 11); 1-1 Jesús (min. 14); 2-1 Jorge (min. 35)

Compárteo!

Deixa un Comentario