• Duelo por todo o alto ante os nosos veciños, que eran líderes.

  • Con este empate, o Moraña gaña o golaverage particular.

Chegaba unha xornada clave para o desenvolvemento desta liga de Primeira Autonómica, cun derbi entre os nosos e os veciños do Atlético Cuntis. Un derbi histórico que non decepcionou e con táboas no electrónico.

Foi o Cuntis quen golpeou primeiro, cun gol de Carlitos que batía no minuto 35 a Manu, chegando ao descanso con ese resultado de vantaxe pola mínima. Todo seguíu igual na reanudación, ata que nunha internada por banda dereita Ferro pon un pase atrás para que David Dios xirando sobre sí mesmo faga un golazo de primeiras ante o que nada puido facer Gabriel. Era o minuto 62 e o encontro comezaba de novo. O último tramo estivo cargado de emoción e de nervios por parte de ambos conxuntos, pero non se contretaron máis goles.

O resultado final foi este empate 1-1 no electrónico, que deixa aos dous conxuntos como segundo e terceiro na táboa e a só un punto de diferencia. A boa nova para os nosos é terlle gañado o golaverage particular ao Cuntis con este empate.

Próxima parada, un novo e intenso derbi, desta volta cos veciños de Campo Lameiro o vindeiro domingo. A preparalo con forma, rapaces!

FICHA TÉCNICA

Atl. Cuntis.: Gabriel, Antonio, Álvaro, Iván, Ángel, Adri, Picallo, Rubén, Carlitos, Adrián e Arturo. Tamén xogaron Eladio, Jonatan, Richi, Diego e Abel.

Moraña C.F.: Manu, Salva, Iván Vidal, Fernando, Andrés, David Graden, Dyego, Seydou, Edu, David Dios e Ferro. Tamén xogaron Caba, Pablo Grande, Álvaro, Luciano e Iván Goldar.

Árbitro:  D. Miguel Carreira, auxiliado por Kevin Rey e Pablo Bacariza. Amonestou a Picallo, Álvaro, Eladio, Arturo e Adrián polo Cuntis e a Dyego, David Grande, Fabio e Iván Vidal polo Moraña.

Goles: 1-0 Carlitos (min. 35); 1-1 David Dios (min. 62).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario