• Os nosos non gañaban dende Xaneiro.

  • O gol de Aarón no último suspiro deu os 3 puntos.

Tardou en chegar a sexta victoria ligueira dos nosos, pero fíxoo por fin na tarde de onte. E non foi unha victoria doada, ante a Cultural Areas,un rival que se está a xogar a vida na zona media para evitar a zona dos arrastres. O encontro estivo cheo de emoción dende o pitido inicial.

Adiantouse cedo o Moraña, por medio de Aarón, no minuto 2. Aínda estaban a asentarse os equipos no campo e xa o Moraña ía por diante. Para evitar o que aconteceu en partidos anteriores, con este gol os nosos tentaron pechar os espazos e buscar máis as contras, evitando que os locais xeraran perigo.

O plan saiu ben ata o último minuto de xogo, no 89, no que David batía a Rosa e poñía o 1-1. Un mazazo para o Moraña, que viña de pelexar todo o encontro para sacar os puntos. Pero no minuto 7 do desconto, Aarón volvía batir a Pego, facendo o 1-2 definitivo e que certificaba unha nova victoria en Preferente para a historia.

Toca seguir competindo, coa cabeza alta e dándoo todo en cada encontro. O vindeiro domingo recibimos no Buelo ao Céltiga F.C.

FICHA TÉCNICA

Cultural Areas:  Pego, Carlos, Pablo, David, Cristian, Jesús, Paulo (Cristian, min. 66), Miguel, Iván, Bruno (Adrían, min. 63) e Víctor (Enrique, min. 63).

Moraña C.F.: Rosa, Marcos, Carlos (Dyego, min. 70), Novegil, Aarón, Pablo, Seydou, Matín, Varo, Borja (Javi, min, 75) e Hardy (Carlos J. min 90+1).

Goles: 0-1 Aarón (minuto 2); 1-1 David (min. 89); 1-2 Aarón (min. 90+7)

Árbitro:  D. Rubén Castro, auxiliado por D. Juan F. Queija e D. Gabriel Márquez. Amonestou a Paulo, Carlos e Jesús polo Areas, e a Martín, Rosa, Novegil e Dyego polo Moraña.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario