Os Infantiles pecharon onte a súa participación desta tempada na Copa Deputación ao caer derrotados polo Portero 2.000 na segunda eliminatoria.

Os rapaces de Alberto xogaron un bo partido, pero as imprecisións e nervios xogaron unha mala pasada en varias fases do encontro. Adiantou Dani ao Moraña no primeiro minuto de xogo, o que dou folgos aos nosos. Pero antes do descanso xa lle dera a volta ao encontro o Portero cun gol de Diego no minuto 16 tras unha gran internada por banda esquerda, e co infortunio dun gol de Rubén en propia meta tentando despexar o saque dun córner. Con este 2-1 se chegou ao intermedio.

Tralo paso polos vestiarios, o Moraña saiu a buscar a igualada que os mantivera na competición, o que fixo que deixara espazos á contra que o rival aproveitou ata deixar a conta no 1 a 6 final.

Bo traballo deste equipo Infantil, que pasou a primeira eliminatoria pero non foi quen de sacar adiante esta segunda. Agora a levantarse e a seguir traballando para acabar a Liga da mellor forma posible.

FICHA TÉCNICA

E.F. Portero 2.000 6 – 1 Infantiles

E.F. Portero 2.000: Aarón, Pablo (Jacobo min. 45), Roberto, Miguel, Diego, Hugo (André min. 47), Xabier (Roi min. 45), Oscar, Iago, Sunny, Gabriel e Roque (Anxo min. 51).

Moraña C.F.: Jorge, Isma, Cristian, Rubén (Isaac min. 57), Pablo Fraga (Iván min.57), Pereira, Edu, David, Cela (Raúl, min. 45), Dani (Álex min. 57) e Anxo (Sende min. 54).

Goles: 1-0 Dani (min.1); 1-1 Diego (min. 16); 2-1 Rubén p.p. (min. 35); 3-1 Xabier (min. 44); 4-1 Sunny (min. 64); 5-1 André (min. 77); 6-1 André (min. 79)

Compárteo!

Comentarios Pechados.