Só a mala sorte na tanda final dos penaltis pudo frear aos nosos cadetes na tarde de onte. Enfrontábanse na primeira eliminatoria de Copa ante o Marcón Atlético, de Primeira Autonómica, en Mirallos e dende os primeiros compases xa se veu que o encontro ía ser de altura.
Adiantouse o Moraña cun gol de Martín no primeiro minuto de xogo. A intensidade morañesa era clara na saída, e gozaron dalgunha ocasión máis. Sen embargo, Adrián no 19 e no 28 dáballe a volta ao encontro poñendo o 1 a 2. Igualou o Moraña nun auténtico xogadón entre Raúl, Carlos e Fervenza, que o primeiro rematou adentro. 2-2 era o resultado ao descanso.
Trala reanudación o encontro seguiu na mesma liña, con ritmo alto e moita intensidade. Francisco volveu poñer en vantaxe no 48, pero Adrián lograba igualar no 58. Chegouse ao 3-3 ao final dos 80 minutos, polo que despois de tanto esforzo, todo se decidiu dende os 11 metros.
Tralos lanzamentos, 5-6 para os pontevedreses, que pasan a eliminatoria. Pero encontro para enmarcar dos cadetes, que deben tomar como referencia este partido para xogar coa mesma intensidade e ritmo de aquí ata o final de Liga. Noraboa no nome do Clube, a seguir nesta liña!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 3 – 3 Marcón Atl. Penaltis, 5-6

Moraña C.F.:Manu Carracedo, Rober, Iván, Andrés, Martín, Raúl, Carlos, Fernando, Manu Sayáns (Marcos min. 53), Isma e Fervenza (Adrián, min. 48).

Marcón Atl.:
Luis, Francisco, David (Xurxo, min. 31), Nicolás (Gabriel, min. 49), Javier, Anxo, Damián (Santiago, min. 49), Juan (Nico, min. 64), Adrián, Jordi e David.

Goles:
1-0 Martín (min. 1); 1-1 Adrián (min. 19); 1-2 Adrián (min 28); 2-2 Raúl (min. 41); 2-3 Francisco (min. 48); 3-3 Adrián (min. 58)

Compárteo!

Deixa un Comentario