Chegou o momento. Despois de 588 días o Moraña C.F. volve a competir.

Este domingo 17 de Outubro de 2021 será un momento para a historia. Tras 588 días de espera, o Moraña C.F. volve á Competición federada. Tralo parón derivado da pandemia da COVID-19, por fin damos un novo paso de cara a recuperar a tan ansiada normalidade.

Ás 17:00 horas no Campo de O Buelo, o Moraña C.F. recibe á S.D. Amanecer na primeira xornada da Primeira Galicia Grupo 5B. Alí vos agardamos a todos!!

Compárteo!

Deixa un Comentario