A nosa sección de Prebenxamíns viaxaba na mañán de onte á Illa de Arousa para enfrontarse ao Céltiga na quinta xornada de Liga. Iago e Manu, os adestradores deste equipo, viaxaban con varias baixas importantes a este encontro pero dispostos a competir.

A chave deste partido estivo no aspecto físico, aspecto no que o rival nos superaba con creces. Os nosos deron o callo durante o primeiro tempo, logrando ir ao descanso caendo só por 2 a 0, pero na segunda parte, segundo as forzas se iban acabando, o rival fíxose dono do encontro, logrando aumentar a conta ata o definitivo 9-0.

Bo traballo de todos os xeitos dos rapaces, que loitaron durante todo o partido, tendo en conta que a maior parte do equipo era de primeiro ano, e se enfrontaban a un dos desplazamentos máis largos de toda a Liga.

Moito ánimo e a seguir traballando!!

FICHA TÉCNICA

Céltiga C.F. 9 – 0 Moraña C.F.

Céltiga C.F.: David, Ulises, Brais, Ramón, Unai, Daniel, Borja, Javier, Iker e Yago.

Moraña C.F.: Lois, Pablo, Xabi, Iago, Lucas, Darío, Mario, Aitor, Roi, Xoel, Jonathan e Joel.

Goles: Brais, Ramón, Daniel, Borja (3), Javier, Yago (2).

Compárteo!

Deixa un Comentario