A categoría Prebenxamín do Moraña comezou na mañán de onte a segunda fase da súa Liga visitando ao Céltiga na Illa de Arousa. Os pupilos de Manu e Iago viaxaron ata a Bouza con moitas ganas de sumar, pero os locais mostraron novamente a súa superioridade sobre todo no aspecto físico e venceron.

Deron a cara e traballaron os nosos ben durante moi boa parte do encontro, chegando ao descanso caendo por 2 a 0, pero nos segundos 25 minutos, esta diferencia física foi chave, e os goles foron caendo.

Moito ánimo aos Pres, cuia evolución está a ser moi positiva e que paso a paso avanzan no seu aprendizaxe. A seguir traballando!

FICHA TÉCNICA

Céltiga C.F. 7 – 1 Moraña C.F.

Céltiga C.F.: David, Ulises, Ramón, Unai, DanieL, Iker, Borja, Javier, Brais e Yago

Moraña C.F.: Rubén, Xabi, Iago, Xoel, Aleixo, Mario, David, Rubén, Aarón, Roi, Jonathan, Joel, Nico, Dario.

Goles: 1-0 Brais (minuto 2); 2-0 Mario p.p. (minuto 14); 3-0 Yago (minuto 29); 4-0 Yago (minuto 34); 5-0 Ramón (minuto 35); 5-1 Iago (minuto 36); 6-1 Aarón p.p. (minuto 41); 7-1 Iker (minuto 46)

 

Compárteo!

Deixa un Comentario