• Primeira victoria como visitantes en Preferente da nosa historia.

  • Pechamos 2022 con dúas victorias seguidas.

O Moraña remata este ano sumando de novo, e por primeira vez nesta tempada (e na súa historia en Rexional Preferente) a domicilio. Unha victoria que chegou no tramo final tras un encontro moi traballado. O encontro comezou co Céltiga dono da posesión, movendo ben o balón pero sen case xerar perigo. Os nosos, ben pechados atrás, buscaban saír á contra e aproveitar os espazos, pero nestes primeiros 45 minutos non houbo ocasións claras.

Na segunda metade, os locais deron un paso adiante, apretando máis arriba e comezando a xerar perigo. O Céltiga comezou a acumular ocasións pero entre os postes e Alexandre, que fixo un gran partido, o marcador non se moveu. O Moraña, aproveitando este paso adiante, seguiu tentándoo á contra pero fallando no último pase ou na finalización. O encontro parecía condenado ao empate ata que no minuto 86 Aarón aproveita un mal control de Sergio para facer o único gol do encontro, que certificaba este 0-1 e a primeira victoria como visitante do Moraña C.F. na Preferente da súa historia.

Acaba a competición para os Senior neste 2022 tan máxico que nos trouxo a esta categoría. E faino co equipo con todas as opcións de permanencia intactas e en boa dinámica. Próximo encontro xa en 2023, no Buelo ante o Antela.

FICHA TÉCNICA

Céltiga F.C.: Sergio, Ángel (Iago, min. 71), Pablo, Manu, Lezcano, Óscar (Javi, min. 83), Álex (Samu, min. 83), David (Pedro, min. 60), Nico, Miguel (Javi, min. 60) e Pablo.

Moraña C.F.: Rosa, Marcos, Carlos, Novegil, Álvaro, Pablo Cancela (Rubén, min. 76), Javi, Borja, Nico (Carlos, min. 60), Seydou e Aarón.

Goles: 0-1 Aarón, min. 86

Árbitro:  D. Diego Cedeira, auxiliado por D. Óscar Santos e D. David Castreje. Amonestou a Álex e Pedro polo Céltiga e a Carlos polo Moraña C.F.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario