• Seguimos sumando unha nova xornada.

  • Pese a seguir en descenso, a salvación está a só un punto.

Xornada 12 e viaxe a Vigo para enfrontarse ao Rácing Castrelos na procura de puntos para saír da zona baixa. Os nosos saíron a este encontro con moita forza e ganas, tendo o dominio e as ocasións máis claras durante toda a primeira metade. Seydou puido abrir a lata en dúas ocasións pero foi Aarón o que aproveitando unha indecisión na defensa local encarou a Sandro e fixo o 0-1 co que se chegou ao descanso.

Na segunda metade o encontro seguiu pola mesma liña ata que Seydou, que tiña cartón amarelo viu o segundo ao entrar no campo sen a autorización da árbitra, polo que veu o segundo e quedaba o Moraña con 10. Foi neste tramo cando os locais foron con máis forza a polo empate, que acadaron nun córner que rematou antonio no 79. Tiveron incluso o 2-1, pero Alexandre fixo unha gran parada. O encontro morreu cunha contra morañesa na que non supimos definir, e o marcador quedou nese 1-1.

A clasificación, aínda máis apretada e malia que seguimos na zona de descenso, agora só a un punto da permanencia e a catro do 11º posto. Cada vez son máis os equipos que se meten nesta loita por seguir unha tempada máis en preferente, toca remar e seguir adiante para acadalo. Próxima xornada, recibimos ao Pontevedra «B» no Buelo. Vamos!!

FICHA TÉCNICA

Rac. Castrelos F.C.: Sandro, Ricardo (Lucas, min. 46), Sergio (Martín, min. 58), Jose, Adrián, J. Ramón, Iván, Juan (Samuel, min. 78), Abraham (Antonio, min. 78), Diego e Lucas.

Moraña C.F.: Rosa, Seydou, Carlos, Marcos, Novegil, Pablo Cancela, Javi, Dyego, Aarón (C. Javier, min. 69), Martín e Velay.

Goles: 0-1 Aarón (min.12); 1-1 Antonio (min. 79).

Árbitro:  D. Beatriz Torres, auxiliada por D. Jose Luis Rego e D. Brais García. Amonestou a Iván e Jose polo Rac. Castrelos e a Velay, Adrián, Matín, Seydou, e Fabio polo Moraña C.F.

Compárteo!

Deixa un Comentario