• Houbo que esperar á segunda metade para ver goles

  • Os nosos rescatan un punto no último minuto

Xa se volve á dinámica de fútbol de xornada a xornada, e nesta cuarta data, o Moraña visitaba aos veciños de Campo Lameiro nun interesante derbi que prometía ser apaixoante. Sen embargo, e a pesares de que os dous equipos puxeron da súa parte, non vimos goles na primera metade.

Foi tralo descanso cando por fin se moveu o electrónico, ao anotar dende os 11 metros Adri Porto no minuto 50. Este gol puxo en vantaxe aos locais que tentaron enfriar un chisco o encontro, pero no 63 Joaquín facía a igualada: partido novo.

Coas emocións a flor de pel, só 9 minutos despois Miranda poñía de novo ao Campo Lameiro por diante. Con este 2-1 e con só 20 minutos por diante, os tres puntos parecían cerca de quedar na Chanciña, pero no último suspiro Seydou fixo a igualada, deixando o resultado no 2-2 definitivo.

Sete puntos na táboa, ocupando a terceira praza e seguindo en dinámica positiva. Próxima parada, o vindeiro domingo, xogando de novo fóra da casa ante o Zacande F.C.

FICHA TÉCNICA

Campo Lameiro C.D.: Iván, Borja, Marcos, Yago, Pierna, Bruno, Mateo, Manu, Jose, Adri e Miranda. Tamén xogaron Alfonso, Jose Ángel, Roberto, Quique e Luis.

Moraña C.F.: Isidro, Iván Vidal, Andrés, Pablo Grande, Teijeira, Pablo Cancela, Álvaro, Seydou, David Dios, Joaquín e Luciano. Tamén xogaron Salva, Leroy, Manu, Anwaka e Chima.

Árbitro:  D. Manuel Otero, asistido por D. Sergio Lorenzo e D. Fabio Crespo.

Goles: 1-0 Adri (min. 50, penalty); 1-1 Joaquín (min. 63); 2-1 Miranda (min. 72); 2-2 Seydou (min. 90).

Compárteo!

Deixa un Comentario