Os Prebenxamíns remataron hoxe a primeira fase da súa liga regular vencendo a domicilio ao Campo Lameiro por 1 a 3 nun partido moi completo xogado polos pupilos de Manu e Yago.

Os nosos entraron fortes ao partido, adiantándose no minuto 6 por medio de David, vantaxe neutralizada por Samuel no minuto seguinte. Costoulle moito lograr adiantarse aos nosos, pero lográrono cun gol de Xoel xusto antes do descanso.

Na segunda parte, a igualdade era máxima, e coa vantaxe pola mínima, os puntos podían caer a calquer lado. Deu a tranquilidade David no minuto 42, marcando o definitivo 1 a 3 co que rematou ao encontro.

Con esta victoria, os Prebenxamíns remataron esta fase da Liga en sexta posición. Noraboa!!

Nos vindeiros días a Federación realizará o sorteo para a segunda parte da Liga, na que nos enfrontaremos aos rivais que ocuparon a segunda parte da táboa noutro grupo. En canto estea dispoñible, publicarémola na web.

FICHA TÉCNICA

Campo Lameiro C.D. 1 – 3 Moraña C.F.

Campo Lameiro C.D.: Iker, Xián, Iván, Joaquín, Samuel, Guillermo, Marcos, Diego, Tiago e Alberto.

Moraña C.F.: Roi, Aarón, Xoel, Iago, Lucas, Mario, David, Aitor, Pablo, Nico e Joel.

Goles: 0-1 David (minuto 6); 1-1 Samuel (minuto 7); 1-2 Xoel (minuto 24); 1-3 David (minuto 42)

 

Compárteo!

Deixa un Comentario