• O Moraña empeza o ano cunha vitoria a domicilio.

  • Derbi moi disputado no que os nosos lograron impoñerse cun gran gol de Roi.

Xornada 17 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña visitaba Campo Lameiro para a disputa dun novo derbi comarcal.

O Moraña conseguiu levar os 3 puntos dun novo derbi na súa visita ao concello veciño de Campo Lameiro. Un partido de gran intensidade e alternativas para os dous equipos. Os nosos dispuxeron da mellor ocasión da primeira metade cun disparo que se estrelou no longueiro da portería local. Co empate sen goles, chegaríase ao descanso.

O Moraña fixo dous cambios trala volta dos vestiarios e conseguiu un pouco máis de control do balón no comezo da segunda metade. Foi no minuto 57 cando Roi viu adiantado ao porteiro local e cun lanzamento de falta maxistral desde a liña divisoria, conseguía superalo e poñer o 0-1 no marcador. A partir de aquí, o Campo Lameiro foi con todo arriba na busca do empate e dispuxo dun par de ocasións, pero sen lograr que acabaran en gol.

Con este resultado, chegamos ao final do encontro e os nosos puideron festexar o comezo de ano cunha vitoria que nos permite escalar ata o 11º posto da táboa clasificatoria.

O vindeiro domingo tocaranos recibir a domicilio ao E.D. Val Miñor Nigrán para disputar a 18ª xornada de liga.

FICHA TÉCNICA

Campo Lameiro C.D.: Iván Paz, Enrique García, Marcos Durán (Mateo Pérez, 65′), Carlos Pierna, Ángel Andrade, Bruno García, Víctor Andrade (Roberto Maquieira, 83′), Jose María Pérez (Julio Rodríguez, 60′), Adrián Porto, Francisco Miranda e Alexandre García (Santiago Rivas, 65′).

Moraña C.F.: Manu Carracedo, David Gevorgyan, Jesús Losada, Fernando R. Novegil, Moha El Hamdaoui, Álex Domínguez, Diego Pérez (Leroy Ruegg, 75′), Josiño Pérez (Roi García, 46′), Dani Fontán (Víctor Serrano, 46′(André García, 72′)), Sebas Cores e David García (Domi García, 65′).

Goles: 0-1 Roi García (min.57)

Árbitro: Francisco José Crespo. Amonestou a Ángel Andrade, Roberto Maquieira, Francisco Miranda e Carlos Piernaa polo Campo Lameiro e a Fernando R. Novegil, Josiño Pérez, Moha El Hamdaoui e Roi García polo Moraña. Expulsión a David Gevorgyan.

Compárteo!

Deixa un Comentario