A categoría Benxamín do Moraña C.F. viaxou no mediodía de hoxe ás Corticeiras, para medirse ao Caldas C.F. na 12ª xornada de Liga. Os pupilos de Eloy viaxaban con toda a ilusión e cunha nova fichaxe, Saúl Fontán que chega para reforzar ao equipo.

Os nosos Benxamíns pelexaron durante todo o encontro, pero non puideron facer máis ante un Caldas que se mostrou moi solvente en todas as facetas do xogo, chegando ao descanso xa cun claro 5 a 0 e rematando o encontro caendo por 11 goles.

Unha semana máis volvemos a dar a noraboa a estes xogadores polo seu esforzo, por non rendirse e por seguir a pelexar cada partido con ilusión e intensidade. A seguir traballando!!

FICHA TÉCNICA

Caldas C.F. 11 – 0 Moraña C.F.

Caldas C.F.: Gael, Juan, Daniel, Juan D., Lucía, Iker, Rubén, Sergio, Roi, Sebastián.

Moraña C.F.: Brais, Hugo, Anxo, Jorge, Aday, Aarón, David, Alexandre, Saúl, Raúl e Iago.

Goles: 1-0, Iker (minuto 5), 2-0 Rubén (minuto 13); 3-0 Sergio (minuto 15); 4-0 Juan (minuto 17); 5-0 Rubén (minuto 20); 6-0 Roi (minuto 28); 7-0 Rubén (minuto 34); 8-0 Sebastián (minuto 34); 9-0 Sergio (minuto 37); 10-0 Lucía (minuto 40); 11-0 Sebastián (minuto 45).

Compárteo!

Deixa un Comentario