Os Biberóns do Moraña C.F. xogaban un importante derbi na mañán do sábado na Liga de Poio ante o Caldas C.F. Os nosos chegaban a este encontro con moita ilusión e coa intención de sacar os puntos para colocarse segundos na clasificación. Así o lograron.

Os nosos peques xogaron un partidazo, case sen conceder ocasións atrás realizando unha moi boa defensa e combinando ben arriba. Acadaron a victoria cun claro 1 a 4, con dous goles de Álex, un de Antón e outro de Saúl.

Nova victoria e bo traballo dos Bibes, que están a realizar unha Liga espectacular. A seguir traballando e pelexando!!

FICHA TÉCNICA

Caldas C.F. 1 – 4 Moraña C.F.

Xogaron polo Moraña C.F.: Anxo, Mauro, Fernando, Alex, Anton, Marcos, David, Hugo e Saul.

Goles: Álex (2), Antón e Saúl.

Compárteo!

Deixa un Comentario