Os senior perden o Derbi pola mínima.

Non puido ser. Segunda xornada ligueira e un derbi que quizáis para os nosos chega demasiado cedo, cun equipo que está en proceso de acomplamento e no complicado campo de As Corticeiras. Os rapaces de Miguel Villaverde saíron ao encontro con ganas de sacar adiante o partido e acadar os primeiros puntos da tempada, pero non foron quen de logralo. Cunha gran xogada combinativa, o Caldas acadaba o gol que se convertiu en definitivo a través do seu pequeno dianteiro, Álex Casal no minuto 48.

A pesar de que os morañeses pelexaron para acadar cando menos o empate, tendo a súa ocasión cun lanzamento dende a frontal que despexaba o meta local. Pero o marcador non se moveu, e o 1-0 foi o resultado final.

A seguir traballando!! A próxima xornada o Moraña recibe no Municipal de Mirallos ao Cerponzóns C.F.

Ficha técnica

Caldas C.F.: Alberto, Manu Casal (Adrián, min. 59), Esteban, Sineiro, Hilario (Juan, min. 79), Yeray (Raúl, min. 46), Jesús (Fernando, min. 62), Juan, Borja, Álex Casal (Fran, min. 69) e Abuín.

Moraña C.F.: Anxo, Julián (Castillo, min.71), Velay (Kapi, min. 79), Salva, Rober, Celso, Jesús, Pablo, Chimaobi, David Alexander e Álex (Viti, min. 76).

Goles: 1-0 Álex Casal, min. 48.

Árbitro: Kevin Rey Prieto. Amonestou a Yeray, Álex Casal, Raúl e Alberto polo Caldas C.F. e a Chimaobi e Salva polo Moraña C.F.

 

Compárteo!

Comentarios Pechados.