A categoría Cadete do Moraña C.F. recibía hoxe na quinta xornada de Liga ao Xuventude Sanxenxo no Buelo. Os morañeses realizaron un grandísimo encontro, moi completo en case todos os aspectos e sobre todo, sen cometer erros.

Os xogadores dirixidos por Celsiño Diz saíron con forza ao encontro, buscando presionar, IMG_20151024_130715recuperar e xogar en campo contrario a maior cantidade de tempo posible. Foi Carlos o que convertiu o dominio destes primeiros minutos en goles no minuto 7, aproveitando o rexeite dun lanzamento de falta de Marquitos e tirando dende moi lonxe sorprende ao porteiro por enriba. Este gol tranquilizou aos morañeses, que conseguían o máis difícil, abrir a lata.

Antes do descanso, o partido xa estaba case resolto, con catro goles máis dos morañeses. Fixo o 2-0 Iván no minuto 21 aproveitando un saque de falta de Roberto. O propio Roberto no 25 tras unha gran xogada de Carlos, fixo o 3-0 chegando dende atrás. O 4-0 foi obra de Carlos, que fusila ao porteiro despois de regatear ao defensa. E o quinto, aproveitando un saque de porta defectuoso do porteiro rival, Carlos cede a Martín que no man a man bate ao gardamallas rival.

Tralo descanso e con ata tres cambios realizados neste receso, aos nosos atragantóuselles o comezo desta segunda parte, e a pesares de que Ismael fixo o 6-0 tras unha gran asistencia de Marquitos, non estiveron á altura mostrada na primeira parte. Probablemente o feito de ter xa pechado o partido fixo que os cadetes se relaxasen, e permitiron ao Sanxenxo facer o da honra no minuto 75 cun gran disparo dende fora do área ao que nada puido facer Saúl. Pechou Raúl o marcador no 81, rematando un saque de córner de primeiras.

En resumo, gran traballo dos nosos cadetes, que encadenan a segunda victoria consecutiva e están a xogar nun gran nivel nesta tempada. A seguir nesta liña e moito ánimo.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 7 – 1 Xuv. Sanxenxo

Moraña C.F.: Manu C. (Saúl, minuto 40), Roberto, Iván, Andrés (Raúl, minuto 42), Martín, Héctor (Ismael, minuto 42), Marcos V., Carlos, Álex (Pablo G., minuto 57), Fernando e Pablo A. (Adrián, minuto 50)

Xuv. Sanxenxo: Manuel, Alfonso (Romel, minuto 41), Dani, Fernando, Manuel, Muras (Miguel, minuto 41), Javi, Luis, Alberto, Mateo (Dovalo, minuto 62) e Pablo (Gonzalo, minuto 41).

Goles: 1-0 Carlos (minuto 7); 2-0 Iván (minuto 21); 3-0 Roberto (minuto 25); 4-0 Carlos (minuto 26); 5-0 Martin (minuto 35); 6-0 Ismael (minuto 48); 6-1 Dani (minuto 75); 7-1 Raúl (minuto 81)

Compárteo!

Deixa un Comentario