Gran encontro o xogado polos nosos Cadetes na mañán de onte no Buelo, ante a A.D. Arousa F7 na 19ª Xornada de Liga. O equipo dirixido por Celsiño Diz realizou un gran partido, moi completo en todas as súas facetas, dominando a posesión e sen case sufrir ocasións en contra.

A victoria foise traballando dende o comezo do encontro. O Moraña buscou xogar o máximo tempo posible no campo dos arousanos, presionando a saída de balón e buscando finalizar todas as ocasións. A aposta ofensiva saíulles ben. Adiantou Fervenza, que xogou un gran partido, aos nosos no minuto 13 nunha gran xogada de todo o frente de ataque. Rober fixo o 2 a 0 no 26, resultado co que se chegou ao descanso.

Tralo paso polos vestiarios, os nosos non baixaron o pistón. Manu Sayáns que saía de refresco facía o terceiro noutra gran combinación arriba na que Fervenza asiste. Os cambios seguintes aínda revitalizaron máis ao equipo. Fernando, que substituíu a outro xogador destacado do encontro, Isma, e Pablo Ares que sustituíu a Fervenza, fixeron que o ritmo non baixase. E este traballo tivo froito, co doblete de Pablo Ares nos minutos 76 e 79 para pechar o definitivo 5 a 0.

En liñas xerais, moi bo traballo de todo o equipo Cadete, que segue na súa boa liña. Noraboa e a seguir pelexando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 5 – 0 A.D. Arousa F7

Moraña C.F.: Manu Carracedo (Saúl, minuto 41), Rober, Ivan, Adri, Raúl, Héctor (Manu Sayáns, minuto 43), Marcos, Carlos, Pablo González (Álex, minuto 60), Isma (Fernando, minuto 67) e Fervenza (Pablo Ares, minuto 63).

A.D. Arousa F7: Daniel, David, Jose, Marcos, Jorge, Raúl (Rubén, minuto 62), Pablo, Fernando, Víctor, Torre e Fran.

Goles: 1-0 Fervenza (minuto 13); 2-0 Rober (minuto 26); 3-0 Manu Sayáns (minuto 51); 4-0 Pablo Ares (minuto 76); 5-0 Pablo Ares (minuto 79).

Compárteo!

Deixa un Comentario