A categoría Cadete do Moraña pechaba a xornada do sábado no Buelo, enfrontándose ao Unión Dena C.F.
O equipo de Celsiño Diz xogou un gran encontro ante un rival da parte baixa da táboa, pero que pelexou o encontro con gañas.
Os morañeses saíron ao partido enchufadísimos, encerrando aos visitantes no seu campo e case sen deixar opcións á contraataques. Adiantou aos nosos Iván, aproveitando un centro de Carlitos dende a banda en segundo remate. Fervenza á saída dun córner fixo o 2-0 antes do descanso.
Tralo paso por vestiarios, o Dena acurtou diferencias, grazas a un gol de Padín que aproveitou unha falta de entendemento na defensa morañesa.
Volveu a poñer distancia o Moraña no 57, grazas a un gran remate no segundo pao de Raúl noutro saque de esquina. E pechaba o definitivo 4-1 Isma, anotando un penalty no minuto 68.

Nova victoria dos nosos cadetes, que manteñen a loita por entrar na fase de ascenso. Próxima parada, o C.D. Ribadumia, nun encontro directo para lograr a clasificación. Ánimo Cadetes!!

Ficha Técnica

Moraña C.F. 4- 1 Unión Dena C.F.

Moraña C.F.: Saúl, Rober, Iván, Andrés, Adri, Raúl, Carlos (Pablo Ares, min. 63), Pablo González (Marquitos, min. 51), Manu Sayáns (Martín, min. 51), Isma e Fervenza (Álex, min. 53).

Unión Dena C.F.: Evaristo, Raúl, Pablo, Padín, Eloy, Clemente, Daniel, Jorge, Villar, Daniel, Youssef e Evaristo.

Goles: 1-0 Iván (min. 14); 2-0 Fervenza (min. 36); 2-1 Padín (min. 42); 3-1 Raúl (min. 57); 4-0 Isma (min. 68).

Compárteo!

Comentarios Pechados.