Os Cadetes do Moraña C.F. recibían na mañá do domingo ao Atlético Cuntis, nun derbi que constituía a oitava xornada de Liga.

Os pupilos de Celso Diz afrontaban o partido con todos os efectivos posibles, con moita ilusión e gañas de facerse cos puntos. E iso notouse, xa que saíron con moitas ganas, logrando adiantarse no marcador por medio de Fervenza no minuto 7. Aprovéitase Marcos dun saque de banda no que ningún xogador se fai co esférico, golpea e tras dar no primeiro pao, entra.

Fixo o segundo Isma, aproveitando un despexe de Roberto que o porteiro visitante mide mal, e o xogador do Moraña, moi atento, fai o segundo. Este foi o resultado ao descanso.

Na segunda parte e cos xogadores de refresco, o Moraña logrou dous goles máis. Carlos marcou un auténtico golazo, robando un balón tras saque de banda no 61 e Raúl remata un córner no segundo paro co xeonllo no 63 para establecer o definitivo 4 a 0.

En resumen, bo partido da categoría Cadete, que está a facer unha tempada moi boa e o que é máis importante, en equipo, e coa aportación de todos os xogadores. Noraboa e a seguir traballando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 4  – 0 Atl. Cuntis

Moraña C.F.: Manu C. (Saúl, minuto 41), Rober, Iván, Andrés  (Héctor, minuto 71), Raúl, Marcos, Pablo González (Carlos, minuto 51), Fernando, Manuel Sayáns, Ismael (Pablo Ares, minuto 69) e Fervenza (Alejandro, minuto 59).

Atl. Cuntis: Miguel A. (Manuel, minuto 41), Sergio, Manuel, Pablo, Alejandro (David, minuto 46), Bruno, Fernando (Cristian, minuto 52), Adrián, Noel, José L. (Anxo, minuto 46) e Damián

Goles: 1-0 Fervenza (minuto 7); 2-0 Ismael (minuto 30); 3-0 Carlos (minuto 61); 4-0 Raúl (minuto 63).

Compárteo!

Deixa un Comentario