Os Cadetes do Moraña C.F. deron un paso de xigante na mañán de hoxe no Buelo nas súas aspiracións ligueiras ao vencer á E.F.B. Vilanova por un contundente 3 a 0. O equipo de Celsiño xogou un encontro moi completo, e dosificou ben aos seus tendo en conta que mañán pola tarde xogan en Sanxenxo o encontro aplazado.
O partido encarrilouse moi cedo, cun gran gol no saque dun córner de Iván. Saca Marquitos, toca o porteiro visitante e Iván fai o 1 a 0. A primeira parte seguiu con moita igualdade, pero non se moveu o marcador nos primeiro 40 minutos.
Esta vantaxe dun gol deixaba os puntos no aire, pero outra vez a balón parado e outra vez Marquitos daban a tranquilidade aos nosos. Cun gran lanzamento directo de falta, poñía o 2 a 0 no minuto 60. Pechaba o encontro Carlos só dous minutos despois, entrando cun gran regate no aire, disparando o balón contra o árbitro, e recollendo ese rexeite para facer o terceiro.
Tres puntos importantísimos para os nosos Cadetes, que xogan mañán pola tarde en Sanxenxo. Noraboa polos puntos de hoxe e moito ánimo para este encontro!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 3 – 0 E.F.B. Vilanova

Moraña C.F.:Saúl (Manu, min.41), David (Pablo Ares, min. 72), Rober, Iván, Adri, Raúl, Héctor (Martín, min. 48), Marcos, Carlos (Alejandro min. 68), Fernando e Isma (Manu Sayáns min.70).
E.F.B. Vilanova:Pablo, Adrián, Gabriel (Roberto min.62), Alberto, Adrián, Daniel (Álvaro min.60), Raúl, Joel, Xoán (Brais min. 41), Ángel (Noel, min. 23) e Raúl.

Goles:1-0 Iván (min. 5); 2-0 Marcos (min. 60); 3-0 Carlos (min. 62)

Compárteo!

Comentarios Pechados.