Mal partido o xogado polos Cadetes na mañán do sábado, no que regalaron a primeira parte ao rival. Os nosos non saliron concentrados ao encontro, o que fixo que o San Martín se puxera cun claro 0-5 no minuto 35 da primeira parte. Ese foi o resultado ao descanso.

No segundo acto, os morañeses tiraron de orgullo, saíndo a tentar competir e disputarlle aos rivales. Acurtou Iván a distancia nada máis saír, pero Pablo no 52 facía o sexto para os visitantes. Andrés marcou o definitivo 2-6 no minuto 63.

Toca agora reflexionar, sacar conclusións e facer borrón e conta nova aos Cadetes, que a pesares desta derrota, seguen na disputa de lograr meterse na fase de ascenso. Ánimo, a levantarse e a seguir pelexando!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 1 – 4 San Martín C.F.

Moraña C.F.: Saúl (Manu Carracedo, min. 41), Roberto, Iván, Andrés, Raúl, Hector (Isma, min. 44), Carlos, Pablo González (Martin, min 48), Fernando, Manu Sayáns e Pablo Ares (Fervenza, min. 44).

San Martín C.F.: Alejandro, Santiago (Brea, min. 67), Ángel, Alberto, Alejandro (Marcos, min. 59), Martín, Marcos, Pablo, Manuel (Lara, min. 73), Luis (Xavier min. 71) e Raúl (Carlos, min. 56).

Goles: 0-1 Marcos (min. 6); 0-2 Marcos (min. 8); 0-3 Manuel (min. 16); 0-4 Luis (min. 22); 0-5 Pablo (min. 35); 1-5 Iván (min. 42); 1-6 Pablo (min. 52); 2-6 Andrés (min. 63)

Compárteo!

Comentarios Pechados.