Victoria «in extremis» dos Cadetes na mañán do domingo ante o Juv. Cambados, nun encontro marcado pola igualdade, que non veu goles ata a segunda metade e por parte dos nosos ata case o pitido final. Os pupilos de Celso non xogaron o seu mellor partido, pero sí lograron o obxectivo dos puntos.

Pouco que salientar dos primeiros 45 minutos, no que os equipos se tantearon e non lograron materializar ocasións. Os nosos, un pouco espesos, non lograban xerar auténtico perigo, e con resultado de 0-0 se chegou ao descanso.

Nos segundos 40 minutos, o partido seguiu pola mesma tónica ata que no 66, un extremo cambadés aproveita un balón que os nosos dan por perdido, encara aos defensas levando o balón ata a liña de fondo e centrando para que Marcos fixera o 0 a 1. Este gol, visto o visto, podía ser definitivo. Pero como se soe decir, ata o pitido final todo pode pasar. E foi xusto cando case o árbitro ía a pitar o final, no 79, cando Marquitos lanza unha falta ao corazón da área pequena e Adrián de cabeza fai a igualada.

Este gol foi un auténtico mazazo para os visitantes, que xa se vían cos puntos. E tanto foi así, que no que quedaba de encontro, Carlos aproveita un saque de porta do Cambados para recuperar o balón, encarar e disparar. O porteiro rexeita o balón que lle cae a Fervenza e finalmente Álex fai o definitivo 2 a 1.

Bo resultado pero non bo partido. Os Cadetes estiveron apáticos e durmidos en varias fases do encontro, e case tiran 3 puntos que salvaron no último intre. A seguir traballando! Próximo partido, ante o Xuv. Sanxenxo.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 2 – 1 Juv. Cambados

Moraña C.F.:Manu Carracedo (Saúl, min.40), Iván, Andrés (Fernando, minuto 73), Adri, Raúl, Héctor (Fervenza, min. 52), Marquitos, Alex, Manuel Sayáns, Isma e Pablo Ares (Carlos, min. 48).

Juv. Cambados: Alejandro, Jose (Yerai, min. 67), Reboeiras, Cores, Pereira, Sergio (Pablo, min. 67), Marcos (Mario, min. 67), Rubén, Mario (Brian, minuto 62), Fernando e Diego (Pedro, min. 56).

Goles: 0-1 Marcos (min. 66); 1-1 Adri (min. 79); 2-1 Alejandro (min.79)

Compárteo!

Deixa un Comentario