Un mal comenzo de encontro por parte dos nosos cadetes, condenou o enfrontamento ante o líder

A sección cadete recibía na mañán de onte ao C.D. Ribadumia, líder da categoría e que chegaba cuns números que impresionaban, cunha sóa derrota e un empate no que vai de liga. Os nosos saíron moi durmidos, e este feito marcou o devenir do encontro. Dous balóns largos á espalda da defensa aproveitados polo rápido dianteiro de Ribadumia, fixo que no minuto 2 o resultado xa fora de 0 a 2.

Nadou o conxunto de Celsiño dende ese momento a contracorrente, cun Ribadumia que manexaba moi ben o balón e que, co marcador a favor, temporizaba ben. Fóronse metendo os nosos paulatinamente no encontro, dando un paso adiante e empezando a xerar perigo segundo avanzaba o encontro.

Na segunda parte, este paso adiante foi aínda máis forte, e estiveron a punto de marcar os nosos nun par de ocasións claras que non lograron finalizar. O encontro rompeuse neste segundo acto, e era totalmente de ida e volta. O negativo para os nosos foi que se acurtaron as diferencias demasiado tarde, case no desconto cun golazo de Rober de falta que entrou pola escadra, e non houbo tempo para loitar por un empate que se foi traballando durante todo o encontro. Unha mágoa.

Bo traballo dos nosos cadetes, que loitaron ante un gran equipo durante todo o encontro, sen perderlle a cara e xogando a un gran nivel. Erros puntuais que correxir, eso sí, que están condenando ao equipo en momentos chave dos partidos. De seguro que van a traballar para mellorar, moito ánimo e a seguir pelexando.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 1 – 2 C.D. Ribadumia

Moraña C.F.: Manuel (Saúl, minuto 41), David, Roberto, Iván, Andrés (Carlos,minuto 43), Martín (Héctor, minuto 75), Adrián, Raúl, Fernando, Ismael (Alejandro, minuto 64) e Pablo Ares (Manuel, minuto 43).

C.D. Ribadumia: Martín, Álvaro, Javier, Jose Antonio, Martín, Javier, Juán, Diego, Nicolás, Sergio, Pablo José.

Goles: 0-1 Pablo José (minuto 1); 0-2 Pablo José (minuto 2); 1-2 Roberto (minuto 79)

Compárteo!

Deixa un Comentario