A sección Cadete do Moraña C.F. xogou un gran partido hoxe pola tarde contra a S.C.D. Ponte Caldelas, equipo ao que derrotou por un contundente resultado, se ben o partido foi máis igualado do que reflectiu o marcador.

Os pupilos de Celsiño Diz mostraron que o traballo de pretempada vai tomando forma, e se mostraron durante gran parte do encontro coma un bloque sólido, con ganas de xogar o balón e buscando ser protagonistas. Este carácter ofensivo, foi o que fixo que Carlos abrira o marcador xa no minuto 4, rematando un grandísimo pase de Marquitos nunha xogada de contraataque. Empatou por parte da S.C.D. Ponte Caledas Manuel, no minuto 29, finalizando un man a man cunha preciosa vaselina sobre a que non puido facer nada Saúl.

Parecía que seía a chegar ao descanso con este resultado de empate, pero Martín, de volea, fixo o 2-1 no minuto 34.

A charla do míster no descanso debeu ser moi boa, porque a primeira xogada da segunda parte foi o 3-1, obra de Alex A., finalizando o ataque despois de roubar o balón.

Con este terceiro gol, o Ponte Caldelas, que plantara cara durante todo o encontro, veuse un pouco abaixo, e o Moraña aproveitou este feito para que Raúl fusilara ao porteiro aproveitando un rexeite da defensa no 46, e que Álex rematara un pase da morte de Rober no 61 para facer o definitivo 5-1.

En resumen, moi bo traballo por parte do Cadete, ao que lle queda un último test antes de comezar a liga o vindeiro día 26. Polo de pronto, as sensacións son positivas. Ánimo rapaces!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 5 – 1 S.C.D. Ponte Caldelas

Moraña C.F.: Saúl, Andrés, Rober, Iván, Marcos V., Raúl, Carlos, Manu Sayáns, Isma, Héctor, Adrián. Tamén xogaron: Fernando, Manu Carracedo, Álex, David, Pablo A., Pablo G. e Martín.

S.C.D. Ponte Caldelas: Tito, Rober, Joel, Jorge, Jose, Guille, Marnan, Samu, Álex, Adrián, Lucas. Tamén xogaron Dinoto, Anxo, Martín, Daniel e Manuel.

Goles: 1-0 Carlos (minuto 4); 1-1 Manuel (minuto 29); 2-1 Martín (minuto 34); 3-1 Álex A. (minuto 41); 4-1 Raúl (minuto 46); 5-1 Álex (minuto 61).

Compárteo!

Deixa un Comentario