A sección Cadete do Moraña C.F. disputou na mañán de onte no Buelo un partido amigable ante o Arosa F7, aproveitando que ambos equipos descansaban na Competición Ligueira.

Celso Diz aproveitou este encontro para seguir preparando ao equipo, pulindo detalles e tirando conclusións para que o equipo siga a evolucionar e medrando na competición.

O encontro foi igualado, con moitas ocasións por parte dos dous equipos e nos que o Moraña saiu moi enchufado, marcando antes. Os vilagarcianos foron capaces de darlle a volta ao encontro no comezo da segunda parte, pero novamente os morañeses lograron facerse coa victoria.

Boas conclusións podemos tirar deste encontro, que serviu como un adestramento para non perder ritmo tendo en conta que o formato da Liga vai facer que o equipo teña varios paróns. A seguir nesta liña!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 3 – 2 Arosa F7

Moraña C.F.: Saúl, Pablo Glez, Iván, Andrés, Fernando, Raúl, Pablo Ares, Adrián, Alex, Fervenza, Héctor. Isma, Roberto, Carlos, Manu Sayáns e Marquitos.

Goles: Fervenza, Roberto e Adrián

Compárteo!

Deixa un Comentario