O equipo Cadete do Moraña C.F. gaña no seu primeiro partido de Liga tras remontar un 0-2 adverso na segunda parte. Os pupilos de Celsiño Diz, dirixidos na mañán de onte por Alberto García, conseguiron vencer nun partido que comezou mal e que se decidiu case no pitido final.

Adiantáronse os visitantes no minuto sete, tras un roubo no centro do campo e una rápida contra, que Villa finaliza en gol. O segundo tivo que agardar ata a segunda parte, cando no minuto 42 Matías bateu a Manu Carracedo.

Pintaba mal o encontro para que os morañeses sacasen algo positivo, pero a reacción local logrou que lograran darlle á volta ao encontro. O 1-2 chegou no 51, cando sacamos rápidamente unha falta, e Marquitos asiste a Martín. O 2-2 foi obra de Raúl, aproveitando un rechace no minuto 58.

Parecía que o partido iba a quedar en empate, pero nos últimos momentos, no minuto 80 Marquitos rouba un balón no centro do campo, regatea a varios rivais, combina con Carlitos e tras regatear a un último rival, tira e marca para darlle os tres puntos ao seu equipo.

Boa reacción dos cadetes nun partido que se lles escapaba e do que lograron sacar os puntos no último suspiro. Bo traballo, pero con matices e aspectos a mellorar.

Moito ánimo e a seguir sumando.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 3 – 2 Armenteira C.F.

Moraña C.F.: Manuel Carracedo, David, Roberto, Iván (´52, Fernando), Raúl, Marcos V., Pablo G. (´64 Pablo A.), Manu S., Isma (´56 Carlos), Martín (´64 Martín), Adrián.

Armenteira C.F.: Yago, Diego, Sergio (´76 Rubén), Jorge, Roberto, Alberto, Matías, Jose, Villa, Gulte (´64 Marcos), Javi (´57 Álex).

Goles: 0-1 Villa (minuto 7); 0-2 Matías (minuto 42); 1-2 Martín (minuto 51); 2-2 Raúl (minuto 58); 3-2 Marquitos

Compárteo!

Deixa un Comentario