Último amigable disputado pola nosa categoría Cadete na tarde de hoxe no campo de O Buelo fronte ao Barro C.F. de cara a afinar a preparación antes do debut ligueiro deste domingo pola mañán fronte o Armenteira C.F.

Os pupilos de Celsiño Diz xogaron un partido con moita intensidade, sen dar ningún balón por perdido. A verdade é que foi un partido moi igualado, e que se definiu nos pequenos detalles.

O partido comezou con dominio alterno, con moito centrocampismo e poucas ocasións claras por parte de ningún dos dos equipos. O Moraña buscaba profundizar polas bandas, pero faltaba finalizar e buscar opcións de remate.

O primeiro gol logrouno Héctor transformando un penalti, cun remate tenso a media altura. Este gol espoleou aos visitantes, que aumentaron a intensidade para buscar o empate. Pero antes do descanso, foi o Moraña o que aumentou a diferencia, logrando Raúl o 2-0 nunha grandísima xogada personal por banda dereita na que bateu ao meta rival por baixa tras driblar a 3 xogadores rivales. Este foi o resultado ao descanso.

Na segunda parte, entraron varios xogadores de refresco en ambos equipos, o que fixo que o ritmo non baixase en ningún momento. Froito desta intensidade, produciuse a primeira xogada desgraciada do encontro. Manu Carracedo sale a un balón, derribando ao rival, facendo penalti e lesionándose na perna dereita. Agardamos que non sexa nada e se recupere pronto. Ante a ausencia de Saúl por lesión, colleu as luvas Roberto. Mal non lle foi ao improvisado porteiro, xa que logrou desviar o penalti coa mirada e o balón estrelouse no pao.

Na última parte do encontro, foi o Moraña o claro dominador do mesmo, desbordando en varias ocasións aos rivales pero sen chegar a concretar en goles esta superioridade.

O encontro acobou cunha xogada calco da lesión de Manu na área do Barro, cun choque fortuíto entre Pablo González e o porteiro rival que saliu lesionado. Agardamos pronta recuperación tamén para o porteiro do Barro.

Con este encontro dase por pechada a pretempada do noso equipo Cadete. A partir deste domingo comeza o bo, a auténtica competición. Moito ánimo e a dalo todo Cadetes!!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 2 – 0 Barro C.F.

Moraña C.F.: Manu Carracedo, Raúl, Roberto, Iván, Marcos V., Pablo Ares, Carlos, Manu Sayáns, Héctor, Adrián e Martín. Tamén xogaron Andrés, Fernando, Isma, Pablo González e Álex Aboy.

Barro C.F.: Iván, Fran, Brian, Diego, David, Kevin, Eric, Iván, David, Juan, Isma. Tamén xogaron Manuel e Álex.

Goles: Héctor (penalti) e Raúl

Compárteo!

Deixa un Comentario