Os Infantiles tiveron que madrugar na mañán do sábado, para viaxar a Santomé para xogar a súa 21ª Xornada de Liga. O equipo de Alberto chegaba a este encontro moi mermado polas baixas, e só con 12 xogadores dispoñibles. Malia todo, os rapaces deron o callo e sacaron o partido adiante.

As consignas do míster pasaban por basar o encontro na posesión, xogando de lado a lado e buscando os desaxustes no rival para sacar vantaxe. Os nosos saíron entonados e pronto puxeron terra de por medio. Pereira fixo os dous primeiros, nos minutos 3 e 21. Esta vantaxe fixo que o equipo se relaxara, o que aproveitou Raúl para poñer o 1 a 2 no minuto 23. Jorge e Pablo Fraga nos minutos 25 e 33 volveron poñer terra de por medio, pero Roberto, no 37 non quitaba ao Santomé do partido, facendo o 2 a 4 co que se chegou ao descanso.

Nos segundos 40 minutos, o Moraña saliu enchufadísimo, coa idea de non ceder máis oportunidades ao Santomé. E xogaron unha boa segunda parte, facendo tres goles e sen permitir case ocasións aos rivais. Dani fixo un doblete con dous goles no 60 e no 78, e Pereira certificou o seu hattrick no 79. Ao final, 2 a 7 como resultado e unha nova victoria dos infantiles. Agora, a recuperar efectivos e a preparar o encontro da vindeira semana ante a A.J. Lérez.

FICHA TÉCNICA

C.D. Santomé 2 – 7 Moraña C.F.

C.D. Santomé: Alexander, Juan, Alberto, Roberto, David (Adrián, minuto 52), Raúl, Mateo, Antía, María (Mohamed, minuto 57), David (Rodrigo, minuto 51) e Jorge (Carlos, minuto 51)

Moraña C.F.: Iván, Isma, Isaac, Cristian, Rubén, Pablo Fraga (Pedro, minuto 69), Pereira, Edu, Raúl, Dani e Jorge

Goles: 0-1 Pereira (min. 3); 0-2 Pereira (min. 21); 1-2 Raúl (min. 23); 1-3 Jorge (min. 25); 1-4 Pablo Fraga (min. 33); 2-4 Roberto (min. 37); 2-5 Dani (min. 60); 2-6 Dani (min. 78); 2-7 Pereira (min. 79).

Compárteo!

Comentarios Pechados.