A nosa sección de Benxamíns viaxou hoxe á Ribadumia, para enfrontarse co equipo local na oitava xornada de liga. Os nosos volvían a unir o curto da plantilla, con varias baixas, polo que tres prebenxamíns se uniron á expedición.

Logrou o Moraña adiantarse ata ter un 0-2 no marcador, pero non foron quen de manter este resultado, e o rival foi recurtando e remontando o partido segundo avanzaban os minutos. Ao final dos 50 regulamentarios, 8-2 foi o resultado final.

Unha vez máis, noraboa a este grupo de rapaces, que está a xogar na máxima categoría Benxamín e que sae cada semana a dar a cara aos encontros frente a todas as adversidades. Paso a paso, van mellorando e logrando pequenas metas e de seguro que irán logrando cada vez máis. E tamén noraboa aos prebenxamíns que participaron neste encontro, que competiron con rapaces ata case 3 anos maiores deixando un boísima imaxe.

A seguir traballando, sen desanimarse e a dalo todo!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Brais, David, Hugo, Aday, Jorge, Alex, Anxo, Rubén, Lucas e Pablo.

Goles: David e Jorge.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario