O Primeiro equipo sumou tres importantísimos puntos na tarde-noite de hoxe na Rapeira, no seu enfrontamento ao C.D. Portas «B». A pesar do resultado final, os nosos tiveron que pelexar duro para sacar os puntos, xa que non chegaron os goles ata o segundo acto, obra de Jesús (no minuto 51), Biti (no 57) e Miguel Zas (no minuto 89).

Victoria traballada e dunha gran importancia, xa que con estes tres puntos e debido ao pinchazo do Poio na súa casa, os nosos empatan a puntos con eles na segunda posición. A vindeira semana, reciben en Mirallos ao S.D. Romay, nun encontro que vai a ser fundamental. Moito ánimo e a traballar a reo esta semana.

FICHA TÉCNICA

Portas «B» 0 – 3 Moraña C.F.

Portas «B»:Francisco, Iago, Raúl (Joshua min. 62), Miguel F., Diego, Fabián, Joel, Fernando D., Marcos, Gabriel (Joel, min. 65) e Rubén.
Moraña C.F.:Christian, Martín, Borja, Alberto, Iago (Lorenzo, min. 84), David, Miguel (Rubén, min. 79), Biti, Capi (Manu min. 74), Jesús (Javi, min. 86) e Miguel Zas.
Goles0-1 Jesús (min.51); 0-2 Biti (min. 57); 0-3 Miguel Zas (min. 89)

Compárteo!

Deixa un Comentario